Concurso de tortillas e degustacións na Pontenova polo San Xoán

AMariñaXa
O Concello da Pontenova e o CIT da Pontenova presentan o programa para o San Xoán no municipio
dia das tortillas seminario terra viveiro
Imaxe de arquivo
21 Xuño 2024

O Concello da Pontenova e o CIT da Pontenova presentan o programa para o San Xoán no municipio. A celebración arranca o domingo ás 20.00 horas co concurso de tortillas no que os participantes optarán a unha cea para dúas persoas. A degustación das elaboracións, ademais de chourizos e pan, comezará ás 21.00 horas.

Haberá servizo de bar e música. Ademais os asistentes poderán gozar da actuación musical da asociación A Chocolateira e tampouco faltará a tradicional fogueira.

0.18613910675049