Conclúe a edición máis internacional do Resurrection Fest en Viveiro

AMariñaXa
Desde o primeiro día o bo ambiente foi protagonista, tanto no festival como en Viveiro, e foron horas e horas de grandes concertos para todos os públicos e xéneros
resurrection_fest
1 Xul 2024

A 19° do Resurrection Fest en Viveiro chegou ao seu fin despois de catro días de boa música, amizade, momentos épicos e soños feitos realidade que, sen dúbida, quedarán gravados na memoria.  Desde o primeiro día o bo ambiente foi protagonista, tanto no festival como en Viveiro, e foron horas e horas de grandes concertos para todos os públicos e xéneros.

Entre os momentos especiais encima dos escenarios destacan a despedida de Sum 41, a dobre colaboración de Babymetal e Electric Callboy, o maior wall of death da nosa historia ou o endshow. Pero todos os artistas e as súas grandes actuacións conseguiron unha vez máis que o festival sexa todo un referente a nivel europeo e mundial entre público e artistas. O recinto segue vendo melloras ano tras ano e o Boulevard seguiu sendo un acerto. As novas barras e a nova zona Pandemonium están aquí para quedar, así como a nova zona de merch, facendo que a Resurrection Fest City fose o máis cómoda posible.

Segundo comentaron os organizadores, esta edición foi que reuniu máis artistas internacionais; con público procedente de 43 países; e 1.500 persoas apuntadas para casar durante a cita, que organizará vodas por segundo ano consecutivo. Alice Cooper, Machine Head, Kerry King, Bring me The Horizon, Bruce Dickinson, Delain. The Offstring, Corey Taylor, Sôber, Avenged Sevenfold, Megadeth ou Electric Callbo foron algunhas das bandas que fixeron desfrutar a todos os presentes ao ritmo do black metal galaico, o punk ou o metalcore.

0.13204002380371