Concepción Novo é a nova candidata do PP da Pontenova para as eleccións municipais

AMariñaXa
Concepción Novo Mourelle é a nova candidata do PP de A Pontenova para recuperar a Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.
Concepción Novo Mourelle, presidenta da xestora da agrupación de A Pontenova
27 Feb 2023

Concepción Novo Mourelle é a nova candidata do PP de A Pontenova para recuperar a Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Novo, natural de A Pontenova é técnica de raios de profesión e está vinculada a formación popular desde hai moitos anos.

A candidata popular foi presentada no Hotel San Briz, nun acto que contou coa presenza do secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, alcaldes, deputados provinciais e voceiros da zona; ademáis de afiliados e simpatizantes que arrouparon á candidata.

Desde a dirección provincial destacan que o PP aspira a recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais dun concello no que “xa gobernamos”. Os populares aseguran que a nova candidatura devolverá a ilusión á poboación de A Pontenova que ven de comprobar cómo de mermado quedou o seu concello despois de tantos anos do goberno socialista.

Pola súa banda, Novo trasladou os seus agradecementos á dirección provincial do partido pola confianza e sinalou que “temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos aos nosos veciños” e, nesa liña, “queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar desde o respecto e a responsabilidade”. Neste sentido, a candidata asusme o cargo adiantando que “imos abrir o partido porque todos facemos falta” e aboga por desenvolver certos sectores como a industria e o comercio “nos que antes era referencia o noso concello”.

0.21383619308472