Concentración en repulsa polo asasinato machista de Beatriz Lijó
En Burela tivo lugar esta mañá unha concentración en repulsa polo asasinato machista de Beatriz Lijó, cometido o pasado domingo en Baiona pola súa ex parella.
Empregados municipais, veciñanza, o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Obras, Turismo e Festexos, Ramiro Fernández, José Díaz e Toñi Eijo, asistiron á convocatoria realizada polo Concello burelés.
O rexedor dixo que “quixemos deste xeito amosar a nosa repulsa polo primeiro asasinato machista cometido neste 2023 en Galicia. E a nosa solidariedade coa familia da vítima, Beatriz Lijó,que sufriu o ataque da súa ex parella diante dos fillos de ambos”.
Por outra banda, o Concello de Foz convoca unha concentración de repulsa polo asasinato machista cometido o pasado domingo en Baiona. Será mañá, mércores, as 20:00 horas na praza do Concello. A concelleira de Muller focega, Ana Rojo, anuncia que se lerá un manifesto e gardarase un minuto de silencio.
O Concello de Ribadeo tamén amosará a súa máis firme condena e repulsa ante o asasinato cunha manifestación ás 20.00 horas na praza 8 de Marzo, "dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, sumámonos á concentración organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en resposta ao asasinato machista".