Concello e Xunta asinan un convenio de colaboración para arranxar O Cargadeiro

AMariñaXa
O proxecto de recalce e estabilización da escaleira de baixada á praia do Cargadeiro suporá un investimento de máis de 47.000 euros.
2024 ribadeo Cargadeiro 1
22 Mar 2024

Concello e Xunta asinan un convenio de colaboración para arranxar O Cargadeiro. O alcalde, Dani Vega, dixo que ese enclave estaba totalmente abandonado.

O rexedor contou que “o Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia firman unha colaboración económica para investir no Cargadeiro, este enclave natural e punto turístico que cando nós chegamos ao goberno encontramos totalmente abandonado. Víase claramente unha falta de mantemento: atopámonos coa madeira en mal estado, as vigas e as táboas rotas. A xente ten medo a entrar no Cargadeiro. Hai unha necesidade de mantemento, iso é visible e dende logo debemos actuar”.

Vega sinalou que “estamos no goberno e polo tanto hai que traballar, xestionar e resolver problemas. E dende logo o Cargadeiro non podíamos permitir que seguira así. Polo tanto neste pouco tempo que levamos no goberno xa xestionamos este investimento para esa zona”.

O alcalde considera que “tamén debemos actuar no entorno: mellorar a iluminación non soamente no espazo natural do Cargadeiro senón tamén de todo o paseo; ademais vamos eliminar as papeleiras rotas e colocar unhas novas. Vamos ter o Cargadeiro nun perfecto estado”.

Para Dani Vega “se dicimos que Ribadeo é un punto turístico importante dentro do mapa español debemos actuar en consecuencia e ter coidado e conservado todo o pobo. E neste enclave tan importante como é o Cargadeiro temos que actuar para resolver un problema e así ter un espazo natural coidado e conservado”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17259383201599