Concello e Xunta analizan actuacións para mellorar a calidade de vida no Valadouro

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantiveron unha reunión de traballo co alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, na que analizaron diversas actuacións urbanísticas de interese para o municipio.
Durante o encontro, reafirmouse o compromiso da Xunta de Galicia de cooperar cos concellos a través de iniciativas que melloren a calidade de vida da veciñanza e axuden a fixar poboación no rural. Segundo destacaron os responsables autonómicos, o obxectivo é desenvolver proxectos que favorezan o crecemento equilibrado e sostible do territorio, potenciando servizos e infraestruturas clave para o municipio.
O alcalde do Valadouro valorou positivamente a reunión e salientou a importancia de contar co apoio da Administración autonómica para levar a cabo melloras que redunden no beneficio dos seus veciños.