Comunican a morte de catro usuarios da residencia de Vilalba por covid
Catro falecidos da residencia de Vilalba engrosan o balance da acción do coronavirus na provincia nas últimas 24 horas, falecementos anteriores pero que non se incluíron ata o de agora por un erro informático. Deste xeito, xa son 130 as persoas que perderon a vida dende que deu comezo a pandemia.
Mentres, volven descender unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia, 29 menos que onte e xa son 829. Este dato vén condicionado coma sempre polos 39 novos positivos (onte houbo 32) e polas 67 altas das últimas 24 horas (onte foron 58). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.424 e 5.464 curados.
Descende tamén a hospitalización lixeiramente nunha persoa polo que só queda na UCI do Hula un paciente. Na planta do Hospital de Lugo hai 22 (dous máis), 1 na Mariña (dous menos) e 3 no de Monforte (os mesmos que onte).
Por concellos, Burela, que onte recibía a confirmación de que se aliviaban as restricións sanitarias, sumou un novo positivo e xa son 12. Foz segue a baixar e xa son 19 os casos novos detectados en quince días (un menos).
Xa no quedan concellos na Mariña en alerta.