Pechado o cartel do Resurrection 2022
A organización do festival viveirense anunciou xa as datas da edición de 2022 e tamén o cartel completo para a súa nova edición. Así, o festival en 2022 celebrarase do 29 de xuño ao 3 de xullo e xa anunciaron de que haberá algunha sorpresa máis por anunciar.
A maioría das bandas anunciadas para o 2021 seguen no cartel, e poderase desfrutar dunha cabeceira incrible: Avenged Sevenfold (data única en España e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), KoRn (único festival en España), Judas Priest - 50 years (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca en España), quen será os encargados de encabezar os cinco días de festival, xunto con outras bandas como Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival en España), Bullet For My Valentine ou Opeth, que tamén brillarán con luz propia.
Para o último gran oco que faltaba quixeron contar cunha banda que lles encanta e que os fans do festival levan pedindo moitas veces nestes últimos anos, estes son Mastodon. Os estadounidenses poñerán a guinda á programación do sábado, e ao cartel tamén se unirán tres bandas máis: The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings, deixando unha carteleira de ilusión para un 2022 no que teremos moitísimas ganas de concertos.
Este venres ás 12:00 do mediodía poñeranse á venda as entradas para cada día a un prezo de 79 € + gastos e avisan que estarán moi limitadas. Lembran tamén que as da festa de presentación están a só 39 € + gastos.
Tamén anunciarán noticias proximamente sobre as zonas de descanso de pago, o Beachcamp e Glamping. Á súa vez, pronto publicarán toda a información sobre as viaxes organizadas, e moito máis.
As bandas e os escenarios serán as seguinte. No principal estarán Mastdon, Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres e recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry. Pechando a warm- up tamén terán a Bleed From Within e Serrabulho e por último Hamlet, Vita Imana, Skunk D. F., Onza, Free City e Bolu2 Death tamén actuarán no escenario principal.
Nos escenarios temáticos contarán con grandes artistas, como sempre. No Ritual Stage contarán con Dark Funeral, The Raven Age, Decapitated, Bloodbath, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Enforced, Infected Rain, Neaera, Benighted, Master Boot Record, Dead Label, Gaerea ou As Everything Unfolds.
No Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozarase de Madball, Lionheart, Raised Fist, Knocked Loose, Morning Again, Moscow Death Brigade, Doyle, Bourboun Kings, Employed to Serve, Belvedere, Svalbard, Misconduct, A Armada, Blowfuse, Ruxe Ruxe e True Mountains, entre outros.
Por último no Desert, volven Amenra co seu incrible espectáculo, o carismático Nergal con Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Toundra presentando o seu novo disco ao grande, Planet of Zeus, Torche, My Sleeping Karma, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Les Hommes Tomber, Ciclonautas, Frutería Toñi e Chris Masuak cos seus Viviero Wave Riders Association.