Comezou unha actividade de surf dentro das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros

AMariñaXa
A exposición Galiza un país de festas. Ritos e festivos singulares, estará ata o 29 de novembro no Cenima de Foz.
surf barreiros
7 Abr 2024

Comezou unha actividade de surf dentro das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros que está a ser impartida por monitores dunha empresa barreirense na praia de Coto.

"Se tedes ganas de que a vosa rapazada se suba a onda do surf e goce do mar aínda estades a tempo", din desde a organización. Para participar será necesario anotarse acudindo ao Concello e cubrindo a ficha de inscrición alí mesmo.

Esta actividade prolongarase durante os meses de abril, maio e xuño con: 1 hora á semana (30 euros/mes) ou 2 horas á semana (45 euros/mes), a escoller no momento da inscrición.

Para máis información podes consultar as bases na web municipal, no apartado de deportes ou directamente a través desta ligazón. Tamén nas oficinas municipais facilitarán máis información.

0.090317964553833