Comezou o rebacheo nalgúns dos puntos máis conflitivos de Ribadeo
O Concello iniciou estes días o rebacheo nalgúns dos puntos máis conflitivos tanto das parroquias da costa como nas do interior. Estas actuacións municipais aliviarán a situación en tanto non actuen de xeito integral, tal e como estiveron a facer nestes últimos anos
Dende o Concello explicaron que “dende o goberno de Ribadeo somos conscientes do estado de conservación de moitos camiños e estradas municipais. Sabemos que un concello tan grande como o noso, de máis de 100 quilómetros cadrados, ten centos de quilómetros que necesitan dunha conservación”.
Comentaron que “nestes últimos anos estamos actuando en todas as parroquias coas novas técnicas de aglomerado asfáltico, cun resultado moi bo, pero é certo que aínda quedan moitos máis por arranxar. Ao longo deste ano temos previsto licitar outra serie de actuacións de arranxo integral de camiños municipais”.