Comezou o programa 'Non Consumas a túa Mente; Coida a túa Saúde' en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Mar 2020

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña puxoen marcha xunto ao Concello de Mondoñedo, o programa Non Consumas a túa Mente; Coida a túa Saúde. Este programa ten como obxectivos ofrecer información actualizada e obxectiva orientada cara a relevancia da saúde mental, así como minimizar o estigma e prexuizos ainda existentes en relación ás enfermidades mentais. Así mesmo o programa pretende abordar posibles factores de risco asociados ás patoloxías psiquiátricas, todo elo desde unha perspectiva transversal de xénero.

Para elo poñeremos en marcha ata 16 accións que se desenvolverán entre este mes de marzo e o mes de xuño; as actividades irán dirixidas fundamentalmente á poboación estudiantil, pero tamén á poboación xeral por ser a temática de contido de interese público. Está previsto que as actividades se leven a cabo no Ceip Álvaro Cunqueiro Mora e o IES Plurilingüe San Rosendo, así como nas dúas Anpas de Mondoñedo (tanto a Anpa Amolou como a Anpa do Ceip). Tamén está prevista a realización dunha actividade para a poboación xeral, que pechará previsiblemente o programa.

Este venres 13 de marzo botará a andar esta iniciativa a través da representación da obra de teatro “Teatro contra o Bullying; eres único” por parte do Grupo de Teatro da Asociación A Mariña; a obra escenificarase ante alumnado de 5o e 6o de primaria do Ceip Álvaro Cunqueiro Mora, representación que irá acompañada dunha breve introducción que realizará a psicóloga clínica da entidade, Dna. Sonia Nogueiras Orosa.

Trátase dun programa novedoso que se levará a cabo por primeira vez, coordinado pola directora técnica da entidade, Dna. María José Nóvoa.

0.1637749671936