Comezou a Semana Santa de Viveiro

AMariñaXa
A Semana Santa de Viveiro deu comezo onte co pregón no teatro Pastor Díaz, unha cita coa que a Deputación colabora
Semana Santa Viveiro 2022
10 Apr 2022

A Semana Santa de Viveiro deu comezo onte co pregón no teatro Pastor Díaz, unha cita coa que a Deputación de Lugo colabora cunha achega de 25.000 euros para impulsala como un reclamo turístico para a provincia. 

Este ano a pregoeira foi Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo da Deputación, quen xa fora elixida para pregoar esta importante cita no ano 2020, pero que por mor da pandemia tivera que adiarse. 

O Deputado salientou a importancia desta cita para Viveiro e a comarca da Mariña “que transcendeu hai anos do acontecemento cristián e do seu carácter sacro para converterse nun encontro imprescindible coa cultura e coa historia”, e subliñou que é “unha celebración que situou Viveiro no mapa internacional do turismo como un dos mellores lugares nos que gozar desta tradición, cun impacto económico e hostaleiro moi importante para o municipio e a comarca, e que resulta un dos mellores escaparates para amosar a súa diversidade”.

García Pernas tamén participou no acto de inauguración da exposición Facer Camiño, que se pode visitar dende este mesmo sábado na biblioteca municipal de Viveiro.

0.18367505073547