Comezou a IX Feira de Stocks do CCH de Viveiro
Comezou a IX Feira de Stocks do Centro Comercial Histórico de Viveiro que se celebra ata o vindeiro xoves 25 de agosto. As persoas interesadas poden achegarse ata os Xardíns de Noriega Varela en horario de 11:00a 14:00 e de 18:00 a 21:30.
O Concello de Viveiro colaborou coa organización da feira en distintos aspectos loxísticos. Entre outras facilidades, o goberno local colaborou co subministro eléctrico, a reserva de espazos e o préstamos de material.
“O comercio local é un dos motores da nosa economía, por iso dende o goberno local temos un firme compromiso con este tipo de colaboracións”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
En total, instaláronse 11 postos de venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, complementos, deportes, zapatos, xoiería, bixutería, mobles e decoración.