Comezou a instalación do ascensor no Centro de Día Residencia de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo vai instalar un ascensor adicional no Centro de Día Residencia que mellorará a accesibilidade deste edificio municipal
280224 ascensor Centro dia residencia cervo
28 Feb 2024

O Concello de Cervo traballa estes días na instalación dun elevador adicional no Centro de Día Residencia que mellorará a accesibilidade deste edificio municipal e tamén o día a día das persoas usuarias e do persoal que traballa no centro, con capacidade para 54 persoas internas e 25 usuarios/as para o centro de día.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse ata o centro para supervisar a obra que supón a instalación dun novo ascensor eléctrico no centro da fachada lateral do centro, ao final do corredor dos pisos superiores, destinados a residencia, afectando o menos posible á distribución interna do edificio “e que contribuirá tamén a mellorar o nivel de autonomía das persoas usuarias e a funcionalidade e a loxística interna do centro”.

O elevador, con capacidade para 11 persoas e 5 paradas, supón un orzamento que supera os 162.000 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17328715324402