Comezou a estabilización da zona central da praia focega de Llás

Foz
AMariñaXa
Isabel Rodríguez anuncia un investimento de 400.000 euros para melloras na praia de Llás. O proxecto está a información pública desde hoxe
poligono industrial landrove viveiro
5 Apr 2022

Comezaron as obras da estabilización medioambiental na praia de Llás no que se levantou unha escolleira para poder arranxar o talude da parte central do areal onde se xunta un regato e un punto de bombeo da rede de saneamento.

Esta confluencia de auga era un problema na tempada de chuvia pois producía desbordamento e movementos de terra.

Así mesmo, o Servizo Provincial de Costas ten en marcha un proxecto de rexeneración para a zona que inclúe a eliminación de especies exóticas e restauración con autóctonas.

No proxecto contémplase tamén a posta en valor do sistema dunar desta praia coa colocación de paneis divulgativos. Tamén se prevé o encauzamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira, evitando así a erosión e deterioro desta zona ocasionado polas avenidas periódicas producidas na devandita contorna.

Este proxecto conta cun investimento de 400.000 euros para a realización das diversas melloras na praia de Llás e súmase a outras ambiciosas iniciativas nas que traballa Costas como son a creación de dous sendeiros para peóns entre Peizás á Pampillosa, tamén en Foz, ou entre Os Castelos e a praia de Fomento, no municipio do Vicedo.

Por outra banda, o Concello de Foz está inmerso noutras obras de mellora na explanada do Bispo Santo para poder albergar a romaría prevista para o mes de maio, así como o acondicionamento dos baños e a rampla de acceso.

0.16207599639893