Comezaron os obradoiros sobre Habilidades para a vida en Ribadeo

AMariñaXa
Comezaron os obradoiros sobre Habilidades para a vida en Ribadeo. Vanse realizar ao longo de todo o curso en 5º e/ou 6º de Primaria
obradoiro ribadeo habilidades vida
14 Out 2022

Onte comezaron os obradoiros sobre Habilidades para a vida, desenvolvidos polo Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos da Concellaría de Servizos Sociais. 

Vanse realizar ao longo de todo o curso en 5º e/ou 6º de Primaria dos seguintes centros educativos: CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo; Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo; CEIP Celso Currás, de Trabada; CEIP Plurilingüe de A Pontenova; CEIP de San Miguel de Reinante; e CEIP de San Cosme de Barreiros. 

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, sinalou que “a educación en Habilidades para a Vida pretende dotar a cada persoa dunha batería de recursos persoais que lle axuden a obter o mellor de si mesmas, do seu mundo relacional e do entorno social, contribuíndo a previr riscos psicosociais de diversa natureza (abuso de drogas, acoso escolar,etc)”.

A 1ª sesión trata sobre a autoestima e o autoconcepto, e a metodoloxía usada son audiovisuais e dinámicas de grupo co alumnado. En total participan 158 alumnas e alumnos de 10 a 13 anos. A maioría teñen 11. 

0.14569211006165