Comezaron as obras para renovar a rúa Camiño Real de Burela

AMariñaXa
A Deputación colaborou co Concello de Burela para mellorar e ampliar os servizos públicos dos veciños como na alfombra floral
BURELA OBRAS 22 AG
23 Ago 2023

O Concello de Burela da comezo as obras para renovar a rúa Camiño Real entre as rúa Mestre Don Camilo e a rúa do Ril, realizando un investimento de 111.230 euros.

A actuación encádrase dentro do Plan Único Provincial do ano 2022, e a empresa adxudicataria é López y Leis SA. Consistirá no levantado de mobiliario urbano e de aceras para renovar todos os servizos, tanto de saneamento como de abastacemento, realizando melloras especialmente nas instalacións eléctricas.

Ademais, tamén servirá para mellorar as beirarrúas e dotalas dunha maior accesibilidade. “É unha actuación que entendemos que era necesaria para seguir mellorando a accesibilidade da vila, xa que a acera era xa bastante antiga”, sinala o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.

O edil explica que “a rede de abastecemento estaba dando bastantes problemas, especialmente polas fugas de auga, polo que decidimos mellorar as instalacións e en particular as que están por debaixo da terra, que son as que adoitan precisar deste tipo de actuacións integrais”.

“O rendemento da rede de abestecemento de Burela está moi por riba da media dos concellos de Galicia, pero oso non quere decir que non vaiamos seguir intentando melloralos. E este tipo de actuacións demóstrano con feitos”, engadiu.

Ademais, Fernández Rey destacou a importancia de evitar as fugas de auga no momento que estamos pasando, onde hai seca en moitos sitios aínda que non sexa o caso aquí”.

0.19573712348938