Comezaron as obras para o ensanchamento do vial en Campo de Verdes

AMariñaXa
O BNG informou de que comezaron as obras para o ensanchamento do vial en Campo de Verdes “en apenas uns meses despois das queixas"
camino verdes viveiro
camino verdes viveiro
11 Feb 2023

O BNG informou de que comezaron as obras para o ensanchamento do vial en Campo de Verdes "en apenas uns meses despois de anos e anos acumulando sustos e preocupacións ao non poder entrar vehículos de emerxencias como bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso servizos básicos como é o habitual servizo de recollida de lixo".

Mentres que María Loureiro expoñía o argumentario de “sin PXOM non podemos facer nada”, que cada pouco saca relucir, Míriam Bermúdez exixía que buscasen os “atallos” legais necesarios que permitiran o ensanchamento do vial sen agardar pola suposta aprobación do PXOM, que tamén precisaría doutros informes externos favorables para poder realizalo.

0.082832098007202