Comezaron as obras do futuro Centro de Día do Valadouro

AMariñaXa
Comezaron as obras do futuro Centro de Día do Valadouro que contará con 172 metros cadrados nun baixo municipal
valadouro convenio centro de dia
28 Jun 2021

Comezaron as obras do futuro Centro de Día do Valadouro gracias a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo. O futuro centro contará con 172 metros cadrados repartidos nunha sala de rehabilitación, comedor, sala polivalente, oficina, almacén, sala de curas e dous aseos adaptados a persoas con mobilidade reducida.

As instalacións sitúanse nun baixo de propiedade municipal na avenida Deputación, e nos pasados días xa se realizaron os traballos que o dotan de calefacción e auga quente proveniente da nova caldeira de biomasa.

O convenio coa Deputación contempla o acondicionamento e equipamento do inmoble municipal por importe de preto de 57.000 euros.

0.15853714942932