Comezaron as obras de pavimentación e servizos entre os 96 e o 102 da rúa Grande de Celeiro
As obras de pavimentación e servizos entre o número 96 e o 102 da rúa Grande de Celeiro xa comezaron, e cun orzamento previsto para a obra de 38.310,62 euros consisten na mellora da pavimentación, reposición da rede de saneamento, reposición da rede de augas pluviais, reposición da rede de abastecemento de auga potable, saneado dea rede de alumeado público, dotación de canalización para o subministro eléctrico, dotación de canalización de telecomunicacions.
Con motivo destes traballos, a partir do luns 21 de xaneiro e durante o tempo de duración da obra, cortarase a rúa Grande entre a intersección coa rúa Arribada e o nº 104, sendo a rúa Arribada de doble sentido regulado por semáforos. Durante a duración destas obras queda prohibido o aparcamento na rúa Arribada. Lémbraselles aos veciños con garaxes entre os números 96 e 104 da rúa Grande que, se o desexan, poden retirar os seus vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles. Os propietarios de garaxes no tramo da rúa Grande comprendido entre a intersección coa rúa Arribada e o número 96 poderán acceder aos seus garaxes (pois a rúa quedará cortada ao tráfico permitindo o acceso a residentes).
Dende o Concello de Viveiro piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.