Comezaron as obras de mellora na Escola ribadense de San Vicente, en Covelas
O Concello adxudicoulle as obras de mellora da Escola Municipal de Covelas á empresa Construcciones López Tella. O investimento ascende a 46.600 euros.
Nestes traballos, que xa deron comezo, contémplanse todas as suxestións feitas pola asociación de veciños no seu momento: cambio da carpintería de exteriores para mellorar o illamento térmico, sanear e recuperar as cornixas do edificio, dotación dun novo pavimento antiesvaradizo no perímetro exterior da Escola, melloras no apartado de electricidade e iluminación, pintura exterior e interior así como a dotación de mobiliario.
Dende o Concello esperan que "dentro de pouco tempo esta Escola luza como se fose unha nova para seguir planificando actuacións de índole educativa, cultural, de lecer, etc. para todos os veciños e veciñas da parroquia, e para ir logrando que a cidadanía se volva ver e volva recuperar o contacto que todos perdemos durante a pandemia”.