Comezaron as obras de humanización e renovación de varios viais no Paraiso, en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa que esta semana comezaron as obras de humanización e renovación de varios viais no Paraiso.
viveiro estrada paraiso
31 Mar 2023

O Concello de Viveiro informa que esta semana comezaron as obras de humanización e renovación de varios viais no Paraiso.

Xa estiveron a realizarse labores de limpeza de cunetas e está previsto que na próxima semana continúan as actuación previstas, que inclúen a reposición do firme de diversos viais da zona, así como o saneamento de parte dos sumidoiros, dotación de canaletas e sinalización horizontal e vertical.

Grazas a este proxecto, que ten un orzamento de 107.522,63 euros e que se inclúe dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo, vaise actuar nos viais denominados Estrada do Paraíso, Travesía Paraíso 1, Travesía Paraíso 2, Camiño Ameixoa Pena e o Camiño Real.

Os viais nos que se vai actuar forman parte dunha zona residencial na que existen numerosas vivendas unifamiliares e atópanse nun estado de conservación deteriorado, debido á súa antigüidade e ao crecemento de vivendas na zona.

Coas actuacións previstas, o concello pretende garantir a funcionalidade e humanizar o entorno, así como reforzar a seguridade viaria.

0.09195613861084