Comezaron as obras da pista multideporte do CEIP Celso Currás de Trabada
As obras da pista multideporte do CEIP Celso Currás deron comezo a pasada semana, así o comunicou o voceiro do PP de Trabada, José María Fernández.
Trátase dunhas obras que contan cun orzamento de 91.676 euros dos que 70.000 euros corresponden a unha achega do Goberno galego. Estas obras estarán rematadas a mediados do mes de decembro.
Esta pista será para a práctica de varios deportes como son baloncesto, balonmán, tenis, fútbol sala, voleibol e badminton. Contará cunha capa de resina acrílica, para o pavimento da pista, que será antideslizante, resistencia abrasión e absorción.
Terá dúas unidades de canastas de baloncesto e dúas porterías para práctica de balomán e fútbol sala, unha rede para práctica de tenis, voleibol e bádminton, así como o pechamento metálico antivandálico. Toda esta infraestrutura contará con alumeado de tipo LED na pista.