Comezaron as obras da fachada da casa do concello de Trabada
Comezaron as obras de remodelación da fachada da casa do concello de Trabada que consisten en pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades.
Esta reforma conta cun investimento de 20.000 euros dunha subvención do Goberno Galego
A obra foi adxudicada a unha empresa do propio Concello.Con esta subvención que conseguiu o goberno municipal, levarase a cabo a reparación de fendas e aplicarase morteiro de cemento M-5 con acabado superficial rugoso, reforzado con malla de fibra de vidrio texida, con impregnación de PVC.
Posteriormente, en toda a fachada aplicarase un revestimento elástico impermeabilizante incoloro, a base de siloxanos en disolventes orgánicos, e finalmente o revestimiento final con pintura plástica impermeable en dúas cores, adaptando a tonalidade e a intensidade á “Guía de cor e materiais de Galicia, para a zona de A Mariña e o baixo Eo para edificacións construídas ata 1960”, ao igual que se fixo na antiga escola de Trabada, na Cámara Agraria ou na escola de Vilapercide.