Ourol comezará en breve o arranxo de camiños do Plan Único do ano pasado

AMariñaXa
Ourol adxudicou as obras incluídas dentro do Plan Único da Deputación da anterior anualidade. A empresa Construciones y Carreteras José Saá.
obras estradas
28 Abr 2021

O Concello de Ourol adxudicou as obras incluídas dentro do Plan Único da Deputación da anterior anualidade. A empresa Construciones e Carreteras José Saá resultou gañadora do concurso, que ten un importe de 171.194,79 euros.

O alcalde ourolés, José Luis Pajón, espera que as actuacións comecen en breve. O plan inclúe melloras de numerosas pistas en diferentes lugares das parroquias de Miñotos, Xerdiz, Bravos e Sixto. O goberno local continúa incluíndo o arranxo de viais en diferentes plans para tratar de dotar de infraestruturas viarias adecuadas aos seus veciños.

0.19859004020691