Comezan os traballos de mellora e de acondicionamento do cruce das Catro Calles

AMariñaXa
Comezan os traballos de mellora e de acondicionamento do cruce das Catro Calles. Estarán rematados a finais de novembro. 
ribadeo cruce das Catro Calles obras
29 Oct 2021

Comezan os traballos de mellora e de acondicionamento do cruce das Catro Calles e esperan que estean rematados a finais de novembro. 

Dende o Concello comunicaron que xa hai uns meses decidiron elaborar un proxecto para intervir neste punto e reconstruír e reparar esta zona con baldosa de granito gris e cuns grosores que non alteren a cota da rúa. Así mellorarase a seguridade ao tempo que tamén se fará coa estética desta parte tan central do conxunto histórico da vila.

O investimento supón un orzamento de máis de 23.000 euros e financiarase por parte do Concello de Ribadeo con fondos propios e tamén coa achega do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do convenio asinado da Área de Rehabilitación Integral de Ribadeo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10801100730896