Comezan os traballos de mellora da vía de Laxes, O Bidueiro e a estrada de Vilar, na parroquia de Sargadelos

AMariñaXa
O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora da vía que transcorre polos núcleos de Laxes, O Bidueiro e a estrada de Vilar
31 Jan 2023

O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora da vía que transcorre polos núcleos de Laxes, O Bidueiro e a estrada de Vilar, na parroquia de Sargadelos, aumentando o seu ancho co obxectivo mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona.

O alcalde, Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, a edil de Obras, Mali Méndez, achegáronse ata a zona para supervisar, en compañía do pedáneo Luis Peña, esta actuación que supón un orzamento que supera os 195.000 euros -195.107,52 concretamente- financiados con fondos do Plan Único.

O obxecto desta obra é realizar unha renovación do firme da zona, cubrindo todo o ancho da vía, o que proporcionará unha amplitude suficiente para o tránsito de vehículos en ámbalas dúas direccións, mellorando a seguridade viaria.

0.1378161907196