Comezan os traballos de conservación no viaduto de Monfadal, Mondoñedo

AMariñaXa
O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana iniciou os traballos de conservación no viaduto de Monfadal
viaducto monfadal
2 Aug 2021

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana iniciou os traballos de conservación no viaduto de Monfadal, no Concello de Mondoñedo, na calzada sentido Lugo da autovía A 8 e no punto quilométrico 539.

Para iso, a partir de hoxe vanse efectuar restricións ao tráfico no citado viaduto, que estarán debidamente sinalizadas. O tráfico que circule pola A-8 en sentido Lugo, desviarase cara á calzada da autovía sentido Asturias, na que se dispoñerá dun carril operativo en cada sentido de circulación entre os km 538,900 ao 539,900.

0.18489980697632