Comezan as xornadas da Sociedade Galega de Pastos no centro Pedro Murias de Ribadeo

AMariñaXa
O rexedor aludiu ao traballo feito polas oficinas de Extensión Agraria e á importancia que tiveron no crecemento do sector gandeiro
xornadas_pedro_murias
Xornadas Pasado, Presente e Futuro do Asesoramento, Homenaxe a Extensión Agraria
25 Maio 2024

O alcalde, Dani Vega, asistiu no centro Pedro Murias ao inicio das Xornadas Pasado, Presente e Futuro do Asesoramento, Homenaxe a Extensión Agraria, que organizou a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. O rexedor aludiu ao traballo feito polas oficinas de Extensión Agraria e á importancia que tiveron no crecemento do sector gandeiro.

“Hai que facer un recoñecemento a todo ese traballo, a todo ese asesoramento técnico que se fixo durante un período e séguese facendo. O gran impulso das extensións agrarias foi o crecemento dun sector, un sector gandeiro que estaba en período de profesionalización e agora temos que destacar que contamos cun sector con gran fortaleza”, destacou o alcalde.

Tamén se referiu ao centro Pedro Murias, “que sigue con esa vocación clara da formación que vai unido á profesionalización. E, dende logo, desde o Concello de Ribadeo vamos seguir colaborando. Xa o dixemos fai uns poucos días que vamos a renovar ese padroado para que as dúas administracións, Xunta e Concello, sigan con esa vocación clara de formación”.

Neste senso, asegurou que van seguir apoiando ao sector gandeiro desde un punto de vista lácteo, cárnico e a produción agrícola, “con ese mercado dos domingos, tamén potenciando a educación e o acercamento de moitos alumnos aos produtos de proximidade que estamos desenvolvendo nestes momentos nos centros educativos”. Pola súa parte, o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel
García valorou a iniciativa que "recoñece o traballo das persoas que puxeron en marcha as axencias de extensión agraria” e subliñou o papel transformador deses profesionais “do agro e do asesoramento rural, con ideas modernas” que foron capaces de “tecer redes, de crear comunidade e de mudar o pensamento dunha sociedade que pedía poder evolucionar e medrar cos novos tempos” e de “ofrecerlle unha oportunidade de futuro a noso rural, a través do traballo compartido coas asociacións culturais, coa propia veciñanza, con moitas persoas valiosas que lograron integrar nos seus equipos”.

O responsable provincial chamou a “recuperar o espíritu do persoal que puxo en marcha as axencias de extensión agraria”  para afrontar os retos de futuro do asesoramento agrario, como motor da profesionalización dos sectores produtivos primarios en Galiza, afectados por problemáticas
“como o cambio climático - ligado á prevalencia de enfermidades do gando ou á expansión de especies invasoras como a velutina - ou a competencia do sector enerxético polo territorio”. Nesa liña, defendeu a necesidade de traballar de xeito conxunto – institucións, entidades de aconsellamento e asociacións agrogandeiras - “integrando a todos os colectivos en instrumentos como o Comité de seguimento do PEPAC, en positivo, cos pés na terra, reducindo a carga burocrática

 

0.14657807350159