Comeza en Trabada o programa de terapia ocupacional
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúndez, anunciou o inicio do programa de Terapia Ocupacional dirixida aos maiores a partir do 4 de outubro e que leva o nome de +Saúde.
Esta actividade desempeñarase os martes, mércores e xoves polas tardes con diferentes horarios e ubicacións. Así, os mártes haberá sesión ás 16.00 horas no centro cívico de Vidal e ás 17.45 horas no teleclub de Sante.
Os mércores, cos mesmos horarios, as sesión serán primeiro no centro cívico de Vilapena e despois na casa da cultura de Trabada. Finalizarán os xoves no centro cívico de Valboa e na Escola de Abres, respectivamente.
“É un programa gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de tódolos veciños e veciñas. A finalidade desta iniciativa é a de promover a autonomía das persoas maiores, e en consecuencia, mellorar a súa calidade de vida”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.