Comezan en Burela as escolas deportivas de envellecemento activo

AMariñaXa
Comezan en Burela as escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados.
envellecemento activo Burela 2022 1
4 Mar 2022

A Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais únense para ofrecer escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados en Burela.

Segundo explican Carmela López e Ramiro Fernández “estas actividades están dirixidas a persoas activas e será o técnico de deportes do Concello de Burela, Iván Cao Lucas, o que imparta as clases, que serán lúdicas baseadas en xogos, estiramentos, forza xeneral con pesas, circuítos técnicos, actividades de coordinación...”.

A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello do 7 ao 9 de marzo. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. As persoas interesadas en participar poden descargar a ficha de inscrición na web www.burela.org ou ben recollela no Casa do Concello.

As escolas deportivas para xoves de mais de 60 anos terán lugar en dous grupos os luns e os mércores na praza de abastos. O horario do primeiro será de 9:30 a 10:30 horas e o do segundo de 10:30 a 11:30 horas.

As actividades de Envellecemento Activo desenvolveranse do 14 de marzo ao 15 de xuño e do 19 de setembro ao 14 de decembro. A cota de inscrición é de 6 euros ao mes. 

0.10944199562073