Comezan as XXII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo presenta as Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que chegan, neste ano 2022, á súa vixésimo segunda edición.
XXII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía 2022
XXII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía 2022
16 Dec 2022

Mondoñedo acolle esta fin de semana as XXII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro. As conferencias, o presente ano, serán no Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo, en Mondoñedo, como ven sendo nestes últimos anos e levarase a cabo unha visita guiada, en Mondoñedo, pola zona do río do Sisto, o sábado día 17, pola mañá, para coñecer unhas captacións de auga do século XVIII.

A matrícula segue a ser gratuíta e para inscribirse no curso pódense empregar os teléfonos, do Concello de Mondoñedo, 982 52 40 03, ou 982 50 71 77, ou directamente enviar os datos persoais ao seguinte enderezo de correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com. (nome completo, DNI e contacto). O prazo de matrícula finaliza o venres, día 16, ás 14:00h.
Horario detallado, conferencias e poñentes.

Venres 16 de decembro

  • 19:30h. Entrega de Documentación.
  • 19:45h. Acto de Inauguración.
  • 20:00h. Conferencia. “A documentación histórica como ferramenta para a intervención arqueolóxica” a cargo de Prof. Dr. D.Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Profesor da Facultade de Humanidades – USC – Campus de Lugo

Sábado 17 de decembro

  • 10:00h. Visita guiada /conferencia (ruta andando). “Unha captación mindoniense de auga do século XVIII” Saída dende o Campo dos Paxariños ou da Feira (Mondoñedo).
  • 18:00h. Conferencia.“A «Britonensis Ecclesiæ» e a «Dumiensis Ecclesiæ": antecedentes históricos da «Menduniensis Ecclesiæ»”, a cargo de Dr. D. Carlos Andrés González Paz. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC – Xunta de Galicia)

Domingo 18 de decembro

  • 12:00h. Conferencia. La transformarción de las comunidades indígenas del noroeste hispano, a cargo da Profesora e Dra. Dna. María Dolores Dopico Caínzos, Profesora da Facultade de Humanidades – USC – Campus de Lugo
  • Entrega de diplomas.
XXII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía 2022 1
0.10396814346313