Comezan as visitas guiadas polo patrimonio burelés
A Concellería de Turismo presentou as actividades das que poderán gozar aquelas persoas que pasen o verán en Burela ou na zona. Haberá Xeorutas, visitas guiadas á igrexa de Vila do Medio, ás redeiras e ao barco museo Reina del Carmen.
A partir do vindeiro 10 de xuño darán comezo unha serie de visitas guiadas coas que o Concello de Burela pretende dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio xeolóxico, mariñeiro e artístico-cultural da vila.
Este é o caso da igrexa da Vila do Medio, na que destacan as súas excelentes pinturas murais do século XV de autor descoñecido e factura medieval encadradas dentro do estilo gótico tardío. Todos os xoves haberá visitas guiadas ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas. Requírese cita previa e as visitas gratuítas, haberá que chamar ao 982 888 506.