Comezan as tarefas de mantemento da contorna e do mobiliario no Cargadeiro ribadense

AMariñaXa
O Concello concertou un préstamo de 900.000 euros para afrontar as obras de modernización do Hospital Asilo
2023 ribadeo Cargadeiro 1
25 sep 2023

O Concello inicia estes días tarefas de mantemento da contorna e do mobiliario no Cargadeiro, “unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor”, segundo destacou o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.

O edil ribadense explicou que “desde o Concello de Ribadeo queremos poñer de releve a zona do Cargadeiro, unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor”.

Dos Santos contou que “estivemos durante todo o verán cunha primeira acción de desbroces e agora pasaremos a unha segunda actuación que estará centrada no mantemento do entorno e do mobiliario”.

O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “así seguimos traballando e coidando do noso”.

0.138267993927