Comezan as reunións sobre reciclaxe polas parroquias de Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz comezará as reunións por cada unha das parroquias con toda a veciñanza cuxo tema principal será a conciencia ecolóxica
contenedores reciclaxe
17 Jun 2021

O Concello de Alfoz comezará o venres 18 de xuño as reunións por cada unha das parroquias con toda a veciñanza cuxo tema principal será promover a conciencia ecolóxica para a reducción, correcta separación e reciclado de residuos e programas de compostaxe.

Ademais servirá de punto de encontro no que tratar calquera outras cuestións cos asistentes. Estas reunións comezarán na Escola de Bacoi ás 20.00 hora e continuaranse o seguinte venres, no mesmo horario en Carballido, no Centro Social.

0.17466998100281