Comezan as patronais do San Xoán de Vilaronte, en Foz, cunha gran churrascada
AMariñaXa
A asociación cultural O Atrio e Vilaronte presenta a cita que comezará co pregón da man de Pilar Arias Villajos e a actuación de O Feitizo
O Atrio de Vilaronte
30 Maio 2024
A asociación cultural O Atrio e Vilaronte presenta o primeiro evento oficial das Festas Patronais do San Xoán de Vilaronte 2022, unha gran churrascada popular. A cita será o vindeiro sábado 15 de xuño e comezará ás 20.00 horas co pregón da man de Pilar Arias Villajos (Pili do Feitizo) e a actuación de O Feitizo para dar paso á gran cea.
A cita será no atrio da Igrexa e tamén contará co Dúo Show que amenizará a noite. Como en anos anteriores, poderanse comprar os tíckets anticipadamente cos que se reserva ración, pero non mesa. A compra pódese facer a través do teléfono 626 309 753 (Loló) ata o 13 de xuño.