Comezan as obras para a instalación da auga no paseo fluvial de Viveiro

AMariñaXa
Unha vez instalada a auga, procederase ao baldeo para retirar o verdín, nunha primeira actuación de mantemento no paseo fluvial
paseo_fluvial_viveiro
Paseo fluvial de Viveiro
24 Maio 2024

Comezan as obras para a instalación da auga no paseo fluvial de Viveiro, uns traballos que durarán algo máis dunha semana. Unha vez instalada a auga, procederase ao baldeo para retirar o verdín, nunha primeira actuación de mantemento no paseo fluvial xunto coa reposición das madeiras danadas.

“Unha vez realizada esta actuación de baldeo, valorarase se procede a instalación dunha malla especial, que ofrece maior agarre evitando os esvaramentos”, engade a tenente de alcaldesa Míriam Bermúdez. Lembra que só no último ano se investiron 23.000 euros en diferentes traballos de acondicionamento e mantemento no paseo fluvial. Entre as tarefas realizadas, houbo reparacións de carpintería, rozas e podas.

0.18297910690308