Comezan as obras na zona da variante e San Roque, en Viveiro
Comezan as obras de acondicionamento, preparación e nivelación do terreo na zona da variante e San Roque. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, encargouse de solicitar a maquinaria á Presidencia da Deputación de Lugo e os equipos xa traballan “na formación da base e a aplicación das capas de rego asfáltico; as obras están desenvolvéndose a un bo ritmo, prevéndose que poidan estar rematadas o venres”, asegura.
Pola súa parte, Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e concelleira de Obras, afirma que se organizaron “as actuacións previas necesarias para rebaixar a cota, facer o recrecido de tapas e xestionar o material sobrante”. Unha vez finalizadas as obras, é preciso manter ese espazo pechado ao tráfico rodado para garantir a boa execución das mesmas durante tres días. Neste sentido, sinalizarase in situ indicando ata que día non se poderá acceder a este espazo. Dende o Concello de Viveiro pídese desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.