Comezan as obras do proxecto de estabilización de Llas, en Foz

Foz
AMariñaXa
Isabel Rodríguez anuncia un investimento de 400.000 euros para melloras na praia de Llás. O proxecto está a información pública desde hoxe
alcalde foz subdelagada goberno praia llas
10 Aug 2023

Xa está en marcha o proxecto de rexeneración para a zona que inclúe a eliminación de especies exóticas e restauración con autóctonas, así como a estabilización medioambiental.

No proxecto contémplase tamén a posta en valor do sistema dunar desta praia coa colocación de paneis divulgativos. Tamén se prevé o encauzamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira, evitando así a erosión e deterioro desta zona ocasionado polas avenidas periódicas producidas na devandita contorna. Esta empalizada de madeira terá uns 50 metros de lonxitude e contará con vexetación.

Así mesmo, están proxectadas tres pasarelas de madeira de pono que partirán dunha pequena plataforma, unha delas contará cun miradoiro na súa zona intermedia para poder divisar a área dunar e a praia.

Este proxecto conta cun investimento de 412.000 euros para a realización das diversas melloras na praia de Llas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.189936876297