Comezan as obras de saneamento na parroquia de Vilaframil, en Ribadeo
AMariñaXa
Ribadeo está a realizar obras de saneamento e pavimentación na parroquia de Vilaframil, entre os barrios do Valado e o Campo de San Lourenzo.
21 Xul 2021
O Concello de Ribadeo está a realizar obras de saneamento e pavimentación na parroquia de Vilaframil, entre os barrios do Valado e o Campo de San Lourenzo. O orzamento ascende a 45.000 euros e o prazo de execución é de dous meses.
O adxudicatario da obra, como mellor oferta, foi para a empresa Coto Estudios y Construcciones S.L. e o prazo de execución é de dous meses como máximo.
As obras consistirán basicamente nunha canalización con tubaxe de PVC de 250 mm onde se recollen todos os vertidos dese núcleo e lévanse ata un pozo de rexistro existente que xa está conectado coa rede xeral. A lonxitude do saneamento é de 327 metros, terá nove pozos de rexistro e leva contemplada a reposición cunha capa de aglomerado asfáltico para toda esa vía.