Comezan as obras de mellora da rúa do Pipelo en Ribadeo cun investimento de 183.000 euros
Nos últimos días deron comezo as obras de mellora da rúa do Pipelo, que supoñen un investimento de 183.000 euros. Nesta zona renovarase todo o pavimento, aplicarase un novo formigón e arranxarase o muro e as dúas entradas do aparcamento, así como tamén se mellorará a beirarrúa e se incorporará unha nova iluminación.
O alcalde, Dani Veiga, explicou que se trata dunha reforma importante e necesaria. “Sempre dixemos que había que seguir avanzando para mellorar o conxunto do casco histórico”. Unha transformación para a que quixo destacar a colaboración coa Administración provincial.
“Grazas á Deputación de Lugo melloraremos esta zona de Ribadeo, onde temos a escola infantil e o centro de día. E creo que é importante seguir dando pasos nesa colaboración institucional”, destacou o rexedor. Deste xeito, Vega declarou asegurou que “hai que xestionar en todas as administracións. O importante é que veña o orzamento para Ribadeo e nese traballo continuo estamos”.