Comezan as obras de mellora da estrada do cemiterio de A Puída en Burela
AMariñaXa
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que darán comezo as obras de asfaltado da estrada que une o cemiterio de A Puída co Monte Castelo.
15 Jun 2021
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que darán comezo as obras de asfaltado da estrada que une o cemiterio de A Puída co Monte Castelo. Os traballos vanse prolongar durante unha semana aproximadamente, tempo no que o acceso a esa área recreativa estará cortado ao tráfico.
O rexedor explicou que “mentres duren as obras vai estar cortado o acceso ao Monte Castelo porque estarán as máquinas interrompido o paso. Xa avisamos á comunidade de montes e de forma xeral a todo o mundo. Será durante o tempo que dure a obra, sobre unha semana ou nove días, se non hai ningún impedimento. Pedímoslle a todo o mundo que non vaia ata o Monte Castelo posto que vai estar interrompido o paso polas obras que se van facer”.