Comezan as obras de construción do edificio multiusos de Cedofeita

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo anunciou o inicio das obras para a construción do edificio multiusos de Cedofeita coa demolición do inmoble actual.
demolicion edificio cedofeita
13 sep 2021

Comezaron as obras para a construción do edificio multiusos de Cedofeita. Os traballos inciáronse fai uns días coa demolición do inmoble actual, a antiga escola unitaria da parroquia, cunha estrutura e cunha carpintería moi deterioradas polo paso do tempo.

Na actualidade están iniciándose os traballos de cimentación do novo edificio, unha construción de planta baixa, cunha superficie de 130 metros cadrados, situado no mesmo lugar da parcela. O espazo principal será unha sala multiusos de 90 metros cadrados, habilitada para actividades sociais e culturais. Contará tamén cun trasteiro, dous aseos, un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida, e un soportal, que abrirá o edificio á zona de verde e de esparexemento que o rodea.

As obras suporán un investimento de 138.000 euros, financiados a través dun convenio entre o Concello, que destina ao proxecto 40.000 de fondos propios, e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 90.000euros.

0.2290370464325