Comezan as obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa que comezan as obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira
pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira 2
6 Xuño 2022

O Concello de Viveiro informa que dende hoxe, luns 6 de xuño, comezarán as obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira, entre o pantalán e Portochao. A realización destas obras ten unha duración prevista de quince días.

Como consecuencia desta actuación, pecharase o acceso ao paseo naquela zona na que se estea traballando en cada momento.

Dende o Goberno municipal pídense desculpas polas molestias que poida ocasionar a execución destas obras.

0.18922996520996