Comezan as obras da segunda fase do barrio de San Miguel en Ribadeo
Deu comezo a segunda fase das obras de mellora das rúas e espazos públicos do barrio de San Miguel de Ribadeo. O investimento ascende a 48.000 euros.
Esta segunda fase de mellora afecta ás rúas e espazos públicos que quedaron pendentes do ano anterior e que levaban varios anos sen reparacións.
Ademais deste barrio de San Miguel o Concello anunciou que se vai amañar tamén a rúa Justo Barreiro, que estaba moi deteriorada, "e dado que tamén é un paso obrigado de moito tráfico que vai ao Porto de Porcillán". Trátase dunhas obras de humanización, onde vaise dar un tratamento de aglomerado asfáltico a todas estas superficies pero que tamén aproveitarase para a coloración de árbores, mobiliario urbano, reposición de beirarrúas nalgúns casos, así coma o pintado e sinalización horizontal.
O proxecto de obras ascende a máis de 48.000 euros que proceden de fondos propios do Concello e que a obra foi adxudicada á empresa Desarrollos y Metas, S.L. a través dun proceso de licitación aberta.