Comezan as Noites do Volei en Cervo
									AMariñaXa								
			Coa chegada do verán arrincan as Noites Alternativas do Concello de Cervo
 					
					
30 Jun 2024
			
				Coa chegada do verán arrincan as Noites Alternativas do Concello de Cervo. A programación comeza este luns 1 de xullo coas Noites de Volei na Praia do Torno. As inscricións fanse a partir das 20.00 horas na mesma localización. Os partidos xogaranse luns, martes e mércores e os horarios iranse anunciando en función dos grupos que se formen o primeiro día.
