Os veciños de Vilaméa, na Pontenova, celebran as súas festas

AMariñaXa
Este venres organizan a partir das 22.00 horas unha gran churrascada
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
9 Ago 2024

Comezan as festas en Vilaméa, parroquia da Pontenova. Este venres organizan a partir das 22.00 horas unha gran churrascada a base de empanada, chourizo, sobremesa, bebida e café. Terá un prezo de 18 euros para adultos e de 12 para os menores de 12 anos. Seguiralle unha verbena amenizada polo grupo Alma Latina e Dj Bombardero.

O programa continúa o sábado con misa solemne e procesión a partir das 13.30 horas. A orquestra Supertop será a encargada de facer desfrutar aos asistentes e veciños na sesión vermú e estará acompañada do Dj Bombardero á noite. O domingo será o broche de ouro da romaría con misa solemne, procesión e sesión vermú con Javi Show Dúo.

vilameá a pontenova
0.15606594085693