Comezan as festas en Bacoi, en Alfoz

AMariñaXa
Haberá churrascada e chorizada popular a partir das 21.30 horas da noite
fogos-artificiais-festas-patronais
Foto recurso
14 Ago 2024

Bacoi, en Alfoz, celebra as súas festas na honra a Nosa Señora. Este mércores haberá churrascada e chorizada popular a partir das 21.30 horas da noite. Seguiralle unha verbena coa actuación do dúo Belinda.

O xoves 15 continúa a romaría con misa solemne e procesión seguida de sesión vermú con Grupo Pasión. Xa pola noite, ás 21.00 horas, haberá verbena co Grupo Pasión. A cita está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi e conta coa colaboración do Concello de Alfoz.

0.12704706192017