Comezan as festas do Vicedo

AMariñaXa
A celebración arranca con verbena amenizada polo grupo Jaque e Fani Blanco Show
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto recurso
2 Ago 2024

O Vicedo celebra as súas festas na honra a Santo Estevo e Santa Lucia esta fin de semana. A celebración comeza este venres con verbena a partir das 22.45 horas amenizada polo grupo Jaque e Fani Blanco Show. O sábado haberá pasacalles a partir das 11.00 horas da man da banda de gaitas do Ortegal para continuar con eucaristía solemne na honra a Santo Estevo e Santa Lucía, seguida de procesión.

Ás 14.00 dará comezo a sesión vermú a cargo do grupo Zona Zero. Pola noite haberá verbena con Zona Zero, Pasión e a disco móbil Conxuro. O domingo volverá haber misa de campaña na praia de Xilloi na honra a Santo Estevo, seguida de procesión e sesión vermú dobre amenizada polo dúo Boreal e a Mekánika Rolling Band.

A tarde estará amenizada por Espera que Vou Mexar e por pasacalles dende as 18.30 horas. A partir das 22.30 dará comezo a última verbena con Boreal e a orquestra Ritmo Joven. A cita está organizada pola comisión de festas e o Concello do Vicedo.

festas_o_vicedo_2024
0.11671710014343