Comezan as festas de San Adriano, en Lourenzá
AMariñaXa
San Adriano, en Lourenzá, celebra as súas festas na honra a Santa Filomena
Foto recurso
5 sep 2024
San Adriano, en Lourenzá, celebra as súas festas na honra a Santa Filomena esta fin de semana. O venres haberá unha cea a base de pobo e churrasco a partir das 21.30 horas e gran verbena coas orquestras Trébol e Magos. O programa continúa o sábado con misa e sesión vermú coa orquestra Costada Dorada que estará acompañada por Saudade á noite.
O domingo de novo haberá misa e sesión vermú a cargo do grupo de baile da asociación cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá e da orquestra Principal que tamén amenizará a verrbena xunto co Dúo Epo-K.